viernes, 5 de junio de 2020

PLAN PROXECTA

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. 

No CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán neste curso 2019/2020 estamos traballando en 4 Programas do Plan Proxecta:

- PDC (proxecto deportivo de centro)
- Moitavista na escola
- Nos tamén creamos!
- Paisaxe e sustentabilidade

A continuación podedes ver en que consisten cada un deles.